Vence o 31 o plazo de traballos para o Ferro Couselo

Premios
S. E.
Cartaz do premio Xesús Ferro Couselo

valga. O XXI Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo afronta os últimos días de prazo para presentar traballos. A participación estará aberta ata o vindeiro 31 de outubro, despois de que o Concello de Valga decidise ampliar o prazo. Os traballos poden presentarse nas dúas modalidades habituais. Á primeira, dotada con 4.000 euros, poden concorrer traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e historia da arte. Na segunda convócase unha bolsa de estudos dotada con 3.000 euros, para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio. s. e.