Verbenas e actividades na Festa da Primavera de Caldas na Tafona

Festa
S. E.
As atraccións están colocadas ao longo da finca na beira do río. Foto: Concello de Caldas

CALDAS DE REIS. Caldas celebra ata o domingo a Festa da Primavera, na finca municipal da Tafona, no centro da vila á beira dos ríos Umia e Bermaña. E esperan atraer a milleiros de persoas durante toda a fin de semana.

O venres pola noite a verbena estivo amenizada polas orquestras América de Vigo e Os Alkar’s. O sábado, as 10.30, será a actuación estelar da orquestra Panorama e da Discoteca A Gramola. E o domingo será o día dos nenos, que vai incluír prezos populares en todos os carruseis. O Concello reforzou os servizos municipais de obras, limpeza e tamén Policía Local para atender as necesidades do gran número de público asistente que se espera en Caldas. As agrupacións de Protección Civil de Caldas, Cuntis e Portas colaborarán no operativo especial de seguridade. O Concello acondicionou áreas de aparcamento. s. e.