Vila de Cruces apraza a celebración da Festa do Curral

Festa
S. E.

O Concello de Vila de Cruces decidiu lo aplazar a tradicional Festa do Galo de Curral, que se celebra neste concello pontevedrés desde 1993, e que o ano pasado suspendeuse como consecuencia da pandemia da COVID-19. Segundo explico o concelleiro de Cultura e tenente de alcalde, Julio López, este ano vaie celebrar, ainda que a data está por determinar. “O goberno decidiu aprazala, (que non suspendela) por seguridade e responsabilidade, á vez que tamén se pretende que o evento poida realizarse máis adiante ao estar avanzado a vacinación e reláxense as restricións”, dixo,

Desde o ano 1993 pódese gozar en Vila de Cruces, desta festa que enxalza este produto, co interese de promocionar un produto criado de maneira natural e en moito dos casos ao aire libre, por máis dunha vintena de produtores, unha festa gastronómica repleta de actividades culturais e musicais que logra multiplicar por 3 os seus habitantes. O segredo deste galo de curral radica na súa alimentación, xa que se cría unicamente con cereais, como millo, trigo e cebada, sen aplicar á súa alimentación ningún tipo de aditivos.