Vila de Cruces organiza o Plan Concilia para este verán e pon en marcha cursos de natación

programa Concilia
ARCA
Pavillón municipal de Vila de Cruces

Vila de Cruces. O Concello de Vila de Cruces vén de presentar o Plan Concilia deste ano para nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse en fraccións de quincenas: do 1 ao 16 de xullo; do 19 ao 30 de xullo; do 2 ao 13 de agosto e a última do 16 ao 27 de agosto.

Todas estas iniciativas terán dúas quendas de horarios un de mañá que comprenderá desde as 9.00 ás 14.00 horas, cun prezo de 30 euros por quincena, e outro de 10.30 a 14.00 horas por 20 euros. A recepción e recollida dos participantes realizarase no pavillón municipal de deportes. As instalacións nas que se desenvolverán as actividades serán o pavillón e as súas zonas exteriores, o colexio de Vila de Cruces, o parque a residencia de maiores, o auditorio Xosé Casal e a piscina municipal. As inscricións podense presentar no rexistro do Concello ou ben a través da sede electrónica a partir do vindeiro 4 de xuño.

Tamen o Concello pon en marcha os cursos de natación, unha iniciativa de atención á infancia e aos adultos. A actividade levarase a cabo en xullo, do 6 ao 30 e no mes de agosto do 3 ao 27. arca