Visita a Extrugasa do obradoiro de emprego de Valga

Obradoiro de emprego
ARCA
Un momento da visia a Extrugasa

valga. O alumnado do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña-Valga participaron onte nunha visita á empresa Extrugasa, en Campaña. Estiveron acompañados pola directora, Mª del Carmen Vidal, e o docente da especialidade de forestais e foron recibidos polo presidente e fundador da empresa, Andrés Quintá, que lles explicou a súa traxectoria profesional dende os seus comezos ata converterse nunha das industrias líderes en extrusión de aluminio. Quintá guiou aos aprendices polas instalacións da empresa e animounos a tentar abrir cantas máis portas mellor no mercado laboral e a cultivar a cultura do esforzo para conseguir os seus obxectivos profesionais. arca