Xa ten campá a Capela de Santiago de Catoira nas Torres de Oeste

Obras
Claudina Estévez
Imaxe da Capela de Santiago coa nova campá nas Torres de Oeste. Foto: C. Catoira

CATOIRA. Dende esta semana xa pode escoitarse de novo a campá da Capela de Santiago de Catoira, situada nas Torres de Oeste. O alcalde, Alberto García, e o concelleiro Javier César, visitaron o recinto para supervisar as obras que se están a acometer no monumento. A actuación conta cun orzamento de 8.231 euros, e inclúe a reposición da campá da capela, que foi roubada hai uns anos, así como a reinstalación do perpiaño de pedra da espadana e da cruz que a coroa. Tamén está prevista a restitución das pequenas ventás das bufardas, con cristal antivandálico, e o acondicionamento das dúas portas. No interior, segundo informan fontes municipais, vaise actuar na mellora do estucado. Previamente, xa se realizaron labores de limpeza nas pedras das paredes das torres, co obxectivo de eliminar toda a vexetación enraizada. C.E.