Zona franca colaborará con Caldas na mellora de accesos no polígono

polígono
ARCA
O delegado da Zona Franca e o alcalde de Caldas

Caldas de Reis. O delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, recibiu ao alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, para avaliar os eixes sobre os que pivotará o plan

estratéxico do municipio e a súa contorna, un traballo que realizará o Consorcio. Delegado e rexedor repasaron outros asuntos de interés para Caldas e as súas empresas, en especial a situación dos seus parques empresariais.

Rey amosou a súa aposta pola mellora dos accesos da N-640 ao polígono empresarial de Veigas de Almorzar e o delegado do Estado quedou co alcalde en establecer conexións co Ministerio de Transportes para avanzar na planificación destas melloras. Ademáis falaron do impulso que precisa o proxecto do polígono industrial de Paradela, no que Zona Franca estudará as posibilidades de colaboración para o seu necesario desenvolvemento.

O Consorcio de la Zona Franca de Vigo asinou con Caldas hai unhas semanas o convenio para a realización dun plan estratéxico, que incluirá un diagnóstico territorial, obxectivos e unha folla de ruta con actuacións específicas para mellorar a competitividade económica e a calidade de vida.

Delegado e rexedor avaliaron os eixes sobre os que pivotará o plan e David Regades asegurou que Caldas contará “cunha folla de ruta para o establecemento de actuacións individuais ou en colaboración con axentes económicos e sociais que permita despregar accións de calado que revertan no desenvolvemento económico e creación de emprego no municipio“.

O alcalde, pola súa banda, agredeceu o apoio do organismo a seu municipio.

OBXECTIVO. En canto ao plan, o obxectivo pasa por deseñar unha estratexia que supoña un proxecto a longo prazo, facilitar a transformación e o cambio cara a retos futuros, aproveitar as sinerxías e o potencial do territorio, así como as posibilidades de colaboración público-privada, definir actuacións específicas que supoñan un impulso para o crecemento económico e articular liñas de actuación, acordes coa Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030. arca