A Casa do Patrón acolle este xoves a Sega tradicional

malla
ARCA
Sega organizada pola Casa do Patrón

LALÍN. Organizada polo Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Doade-Lalín, este xoves, 21 de xullo, celebrase ás 17.00 horas, nas proximidades do museo a Sega tradicional do centeo, atado de mollos e feitura dos medouchos para utilizar na malla, unha festa que celebrarase o vindeiro 20 de agosto. Desde a Casa do Patrón infórmase doutras actividades que terán lugar o venres, 22, as 17.00 na coroa da casa de Doade. Son os Contos na aurela, unha sesión de contacontos e obradoiro de debuxo a cargo do grupo Polo Correo do Vento, que está incluído no programa de actividades Viaxe á Prehistoria, a desenvolver entre os meses de agosto a outubro, segundo indican. arca