A fonte de Donsión dispón de auga tras anos de seca

Caminos de Santiago
ARCA
Fonte de Dosión, en Lalín

Lalín. A fonte de Donsión, na traza da Vía da Prata, que vén de ser recentemente acondicionada polo goberno de Lalín que deu así resposta a unha petición veciñal ao abeiro dunha subvención do Plan de Embelecemento do Camiño, dispón xa de auga, despois de levar a cabo unha complexa operación de desatrancado do tubo, que estaba tupido por levar moitos anos sen limpar, informou o Concello.

O concelleiro de Obras e Servizos, José Cuñarro Torres, explicou que para desenvolver este operativo contouse coa colaboración de Protección Civil e dos veciños co seu pedáneo, Antonio Pereiro, á fronte. arca