de interese turístico

O Consello da Xunta fixo a declaración tres anos despois de que
se fixese a solicitude
Fiestas
ARCA
Recreación da Malla Tradicional en Doade, Lalín

Lalín. A Malla Tradicional de Doade xa é unha Festa de Interese Turístico Galego. Así a declarou o Consello da Xunta, tres anos despois de que os organizadores solicitasen a súa catalogación. Neste senso, o xerente do Museo Etnográfico Casa do Patrón, Manolo Blanco, lembra que xa se pediu para a Malla esta catalogación “xusto o ano en que a lei mudou e esixía que as festas levasen celebradas non 15 edicións, senón 20”.

A Malla de Doade, que acababa de cumplir eses 15 anos, tivo que esperar ata o 2019, cando chegaba ás 20 edicións para ser candidata á declaración de Festa de Interese Turísico de Galicia, pero estes dous anos de pandemia retrasaron todo o proceso.

A Festa da Malla Tradicional, que se celebrará o 20 de agosto, cumprirá 23 edicións, con ese nomeamento e tamén coa recuperación da asistencia de público, posto que tanto en 2020 como en 2021 non houbo visitantes debido á situación sanitaria. “Fomos a única que se celebrou durante a pandemia, pois non houbo nin a de Silleda, nin a de Allariz, nin a de Ordes” lembra Blanco. Os veciños de Doade emitiron por internet todas as recreacións da malla do cereal: á pedra, con males e con malladoiras”. Blanco adianta que na próxima edición farán un esforzo e haberá novidades. arca