Alerta o PP silledense de roturas no carril-bici

Carril bici
C.G.
Imaxe dos desperfectos. Foto: PP de Silleda

SILLEDA. O Partido Popular de Silleda alertou de desperfectos no carril-bici na rúa Louras da Bandeira, dende fai aproxidamente unha semana “sen que dende o Concello se faga nada por reparalo a pesar do evidente perigo que supón para os veciños que transitan por este punto”, sentencian os populares. “Chámanos a atención como se produciu este deterioro que se deixa ver tamén noutros puntos da vía, pero curiosamente aquí vese como queda á vista parte dun poste que non se quitou no seu momento, se non que se cubriu coa vía, o que é unha auténtica chapuza que pode estar detrás do que agora acontece”, apuntan dende a oposición. Pídenlle ao Concello que demande explicacións “e debe revisarse a obra a conciencia para ver se esta circunstancia se repite noutros puntos do trazado desta vía, e a empresa adxudicataria debe responder desta chapuza”, apostillan. Recordan ademais que “xa no seu día” pediron medidas de seguridade. C.G.