Alumnado do obradoiro de emprego lalinense visita a compañía Finsa

Obradoiro
María Rendueles
O alumnado de carpintería do obradoiro de emprego no interior de Finsa. Foto: C. L.

Lalín. Os 8 alumnos/as da especialidade de carpintería do obradoiro dual de emprego Sendas promovido polo Concello de Lalín participaron nunha visita formativa á multinacional Finsa en Santiago. Estiveron acompañados polo experto docente (profesor de carpintería), Juan Luis Jareño, e por Mª Carmen Vidal, a directora do obradoiro. Tratouse dunha visita guiada na que coñeceron de primeira man a fabricación dos diferentes taboleiros de madeira aglomerados, melamínicos, mdf e as diferentes solucións construtivas a medida das necesidades do cliente. Así, puideron ver como é o proceso de fabricación da madeira que empregan na formación práctica e de obra, o aproveitamento que fan da madeira e o tratamento dos residuos para caldeiras de biomasa que producen a enerxía precisa para o proceso de fabricación. m. rendueles