Apoio a Lalín para obras de mellora na escola infantil sita no polígono

Escuela infantil
ARCA
José Crespo, segundo pola esquerda, xunto o xerente do Consorcio na escola

LALÍN. A Xunta de Galicia financiará varias actuacións de mellora na escola infantil situada no polígono empresarial de Lalín, pertencente á rede pública autonómica, por un valor de 36.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde, José Crespo, visitou onte o centro para dar conta destes traballos, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto para estar listos en setembro co inicio do novo curso. As obras proxectadas axústanse ás necesidades postas en común coa comunidade educativa e afectan tanto a elementos internos como externos do centro. Contemplan a mellora da porta de entrada, de ventás e dos cerres infantís; a instalación de dous areeiros; a reparación da soleira de formigón e a pavimentación dunha rampla de acceso con caucho. arca