Arqueólogos atopan outra muralla na excavación do Castro de Doade, en Lalín

Arqueoloxía
S. E.
Arqueólogas traballando na segunda das murallas atopadas no castro. Foto: Casa do Patrón

LALÍN. Unha segunda muralla no zona oeste, milleiros de restos castrexos, e algúns restos óseos, son os achados dados a coñecer onte polos árqueologos e o personal directivo da Casa de Patrón durante a presentación dos resultados e conclusións provisionais da 7ª campaña de excavaciones no Castro de Doade. Na campaña, iniciada o día 10 de maio pasado, participaron 4 arqueólogos profesionais de Cado Arqueoloxía, e outros 4 estudantes de doutorado en prácticas da USC, prolongándose unha semana máis, por parte dos arqueólogos profesionais, debido a magnitude da cata (180 m2 de superficie), e seguido de 11 días hábiles de consolidación/restauración por 2 restauradoras profesionais, todos eles apoiados en todo momento por persoal da Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón, entidade promotora. s.e.