Artistas de Silleda pintarán en vivo o día 20 no Camiño

Camiño
S. E.
Nenos e nenas de Silleda nunha saída do Trasdeza pinta o Camiño

silleda. O sábado 20 de marzo terá lugar a xornada de pintura en vivo no marco do proxecto Trasdeza Pinta o Camiño, que promove o Concello de Silleda, dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta. Os e as artistas situaranse nos enclaves culturais e naturais da Vía da Prata que foron seleccionados por escolares dos centros educativos por diferentes criterios: importancia histórica, paisaxe, calidade ambiental, conservación... Na xornada veranse as creacións de Vanessa Barcala, Marisa Miguélez, Adrián Penido, David Bibián, Amalia López e Juan Liñares, artistas con técnicas ben diferenciadas que recollerán baixo a súa óptica os recunchos máis bonitos da Vía. s. e.