Obras
ARCA
Vista área da avenida de Xosé Cuiña en Lalín

Lalín. As obras de urbanización e humanización da Avenida Xosé Cuíña acometen nas vindeiras dúas semanas a fase final do soterramento e instalación de servizos en ambas marxes deste viario vertebrador do núcleo urbano, segundo a información facilitada polo Concello de Lalín. Un traballo que dará paso á colocación de bordiños e a construción da estrutura que acollerá a beirarrúa diante do Lalín Arena para facilitar o acceso nas mellores condicións tanto á piscina como ao ximnasio e ao multiusos.

Neste intre as obras estanse a desenvolver na marxe esquerda en dirección baixada en varias frontes. Por unha parte, a empresa está a acometer o soterramento das canalizacións de pluviais e fecais que conectarán tanto coa depuradora como co sistema de evacuación da auga da choiva que se recollen nos viarios próximos á Avenida Xosé Cuíña e aledaños.

Unhas conducións que se están a instalar moi sobredimensionadas, cuns diámetros de 500 mm, para responder non só ás necesidades actuais, senón para cubrir as necesidades que se xerarán nun futuro no caso dun importante crecemento na área que percorren tanto esta avenida como a Avenida de Madrid, segun fontes municipais. arca