Carboeiro pechará para a rodaxe dunha serie de TV

Patrimonio religioso
ARCA
O mosteiro de Carboeiro, en Silleda

Silleda. O mosteiro de Carboeiro permanecerá pechado ao público dende o venres 26 e ata o luns 29 pola rodaxe dunha serie televisiva. A productora Bambú elixiu o cenobio silledense, que xa ten protagonizado outras películas e series, para rodar parte do traballo.

Segundo explican desde o Concello, dadas as características da produción, tamén se cortará o vial de acceso ao mosteiro, dentro do operativo establecido para a rodaxe, que movilizará a un gran número de persoas.

Deste xeito, o mosteiro de Carboeiro segue reafirmándose como un lugar de cine, completando esta produción a longa lista de traballos audiovisuais que se teñen grabado co mosteiro de fondo nas últimas décadas. Directores como Adolfo Marsillach ou Adolfo Aristarain rodaron nel e tamén por el pasaron recoñecidos e admirados actores como Chartlon Heston ou Luis Tosar.

O mosteiro volverá a abrir as súas portas ás visitas o mércores 31, para encarar a Semana Santa, unha das épocas con maior afluencia de público. arca