Casa do Patron acolleu a presentación de dous libros de Rafael Quintía

Literatura
S.E.
Algúns dos participantes na presentación dos libros no Museo. Foto: Casa do Patrón

LALÍN. O Museo Casa do Patrón acolleu a fin de semana a presentación dos libros O Entroido de Doade. Lembranza dun Entroido tradicional de Lalín e Pola graza de Deus, a relixiosidade popular en Galicia, por parte do seu autor, o antropólogo Rafael Quintía Pereira, persoal directivo da Casa do Patrón. O acto contou coa paticipación de Miguel A. Martínez Coello, Avelino Jácome Iglesias e a concelleira de Lalín, Mª Carmen Canda Larroy, ante presenza de numerosos veciños de Doade e amigos do Museo Casa do Patrón.

No caderno do Entroido de Doade, Lembranza dun Entroido tradicional de Lalín de 48 páxinas, o autor fai un percorrido histórico polas múltiples facetas do carnaval da parroquia. Pola graza de Deus, a relixiosidade popular en Galicia, de 292 páxinas, é unha verdadeira enciclopedia sobre ese extenso e interesante tema. s. e.