Catro emprendedoras lalinenses logran o premio Maruja Gutiérrez

Premios
S. E.
Un momento da xuntanza do xurado. Foto: C. L.

LALÍN. Eva Fuentes Senra pola Gandeiría Xoco S.C.; Verónica Ledo Lançao e Natalia González Coego pola empresa Educalecrín S.C.; Rocío Fernández González polo seu labor social e Mª Eva Paz Aguiar do Bar Rosaleda resultaron as gañadoras do XV Premio ás Mulleres Dona Maruja Gutiérrez 2021, promovido polo Concello de Lalín, a través das concellerías de Igualdade e de Comercio con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. O galardon pretende visibilizar e distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e social das mulleres lalinenses no 2021. Os ditos premios, cuxo fallo vén de ser ratificado na xunta de goberno, serán entregados nun acto público, que terá lugar o luns 8 ás 20.00 horas no Salón Teatro, e que se enmarca dentro das actividades organizadas con motivo do Día Internacional das Mulleres. A entrega vaise desenvolver coas medidas de seguridade e aforo pertinentes (de feito cambiou o lugar habitual de celebración, que viña sendo o museo municipal, polo auditorio, por razóns de aforo). Eva Fuentes Senra recibirá o premio na categoría de xove empresaria, mentras que Verónica Ledo Lanção e Natalia González Coego o farán na categoría de empresaria innovadora. s.e.