Coidados porta a porta chega en agosto a Lalín

Servicios Sociales
S.E.
Interior do camión no que atenden a veciñanza. Foto: C. L.

lalín. A veciñanza lalinense maior de 55 anos será beneficiaria do programa Coidados porta a porta, promovido pola Xunta a través da consellería de Política Social, os próximos 24, 25, 26 e 29 de agosto en horario de 9.00 h a 20.00 horas. A dotación está composta por un camión equipado con todos os sistemas necesarios para prestar consultas básicas en audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria que se establecerá na praza de Galicia. Os servizos gratuítos que se ofrecen buscan previr a dependencia e fomentar a estimular a memoria. s. e.