Coñece o teu Concello,
o programa que atrae aos escolares de Lalín

Educación
ARCA
O alumnado do Scientia Lalín durante a visita realizada á casa consistorial. Foto: C. L.

LALíN. O Concello de Lalín continúa o programa Coñece o teu Concello, promovido en colaboración coas ANPA’s dos centros educativos. Estes días participaron nestas excursións turístico-educativas municipais os alumnos do centro Scientia Lalín (antes CPR Sagrado Corazón), que visitaron Castro Deza, así como a casa consistorial, onde coñeceron todos os rincóns do castro tecnolóxico. Esta iniciativa está dando moi bos resultados: as ANPA’s están moi contentas e os centros agradecen moito a colaboración do Concello neste programa. As excursións deron comezo o día 2 de xuño e rematarán o 21. O programa arrancou coa visita do alumnado da Escola Unitaria de Donramiro ao Pazo de Liñares, onde, ademais de coñecer as características máis destacables da edificación, declarada BIC, puideron desfrutar das exposicións. arca