Convenio polo que Lalín apoia as actividades de integración de Aspadeza

Convenio
ARCA
Un momento da firma do convenio no Concello. Foto: C. L.

lalín. O alcalde de Lalín, José Crespo, e a presidenta de Aspadeza, María Taboada, veñen de asinar un convenio de colaboración anual polo que o Concello achega á asociación 10.000€ para levar adiante actuacións conxuntas en materia de atención a persoas con discapacidade que a entidade desenvolve coa finalidade de facilitar a integración social deste colectivo desenvoltas ao longo de 2021. No acto de sinatura estiveron presentes a tenente de alcalde e concelleira de Política Social, Paz Pérez Asorey; a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, e a directora do centro, Ángeles Baldonedo.

Este convenio ubícase dentro do marco de cooperación no que Concello e Aspadeza veñen colaborando desde hai anos. O obxectivo é desenvolver un programa de atención moi completo a persoas con diversidade que Aspadeza atende no seu centro ocupacional. É de destacar que dita asociación atende diariamente a 35 persoas de 59 familias.

Indicar que no convenio contémplase que realizarán, entre outras, accións de mantemento das instalacións do propio centro e colaboración na limpeza de 81 xardineiras municipais, colaborarán de xeito puntual co desván municipal e tamén na sinalización de roteiros municipais. arca