Critica o PP de Silleda que non se arranxe o parque da Bandeira

Oposición
Claudina Estévez
Estado actual da contorna do parque da Bandeira. Foto: PP de Silleda

Silleda. Os populares de Silleda denuncian que levan preto de dous anos “pedindo melloras de seguridade na contorna do parque da Bandeira sen que dende o goberno municipal se atendan as súas peticións”, critican. Dende a oposición lembran que nalgún caso se produciron “incidentes graves no que resultou lesionado algún neno”, concretan. Non obstante, “dende o Concello miran para outro lado e seguen sen facer nada”, apostillan dende o PP. Aseguran que os problemas son moi evidentes: “dende pedras que sobresaen ou estan soltas, ata sinais floxas, elementos de xogo rotos ou a madeiros dos bancos rotos e astillados como os que denunciamos fai un mes e que tardaron máis de tres semanas en reparalos”, din.

Recordan asemade que estes desperfectos non só prexudican á cativada, senón a toda a veciñanza, pois son “espazos moi concurridos por todas as actividades que se levan a cabo neste punto do noso concello”, explican. C.E.