Deza e Tabeirós quintuplican su presencia nos obradoiros TIC

Obradoiros
S. E.
A deputada, no centro, na súa visita a oficina de Lalín

Lalín. A oficina de SmartPeme en Lalín rexistra cifras de récord dende o comezo da pandemia a causa da forte demanda de formación e asesoramento das empresas das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes sobre as posibilidades aplicadas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) á contorna empresarial.

A deputada provincial de Novas Tecnoloxías, Ana Mejías, estivo na oficina de Lalín e subliñou a espectacularidade do dato de asistencia aos obradoiros de formación, que en 2020 multiplicou por cinco as cifras do ano anterior, alcanzando as 837 persoas. Ao acto asistiron tamén a tenente de alcalde, Paz Pérez Asorey, e o concelleiro Avelino Souto.

Os datos do primeiro ano da pandemia indican que a participación nos 39 obradoiros celebrados creceu un 479% sobre as 140 persoas rexistradas no ano anterior. s. e.