Encargan redactar o proxecto de mellora da mobilidade na Vía na Prata en Bandeira

Ruta Xacobea
ARCA
Via da prata a seu paso polo concello de Silleda

Silleda. A Deputación de Pontevedra vén de encargar o traballo de redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil da Vía da Prata ao seu paso pola Bandeira, en Silleda. Trátase dunha actuación incluída no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza-Tabeirós, que acadou financiamento no marco do Plan Nacional de Sostibilidade Turística en Destinos Xacobeos convocado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio con fondos europeos Next Generation.

O plan de Deza e Tabeirós da especial protagonismo á mellora da transitabilidade no Camiño e á seguridade peonil. Tamén ten en conta o desenvolvemento turístico nos concellos polos que discorren as rutas. O proxecto desenvolveranse nun tramo aproximado de 150 metros no entronque da estrada N-525 coa EP-6511, no lugar da Casela, na Bandeira. A intervención, atendendo á proposta do Concello, supón a eliminación dun punto negro. arca