Entregan a Lalín, Valga e Caldas tendas de campaña de emerxencia

Emergencias
S. E.
Membros de Protección Civil dos concellos recolleron as tendas en Campolongo

Lalín/Caldas. A Xunta de Galicia entregou onte tendas de campaña para a atención e despregamento en situacións de emerxencia ás agrupacións de Protección Civil dos concellos de Lalín, Caldas de Reis e Valga para reforzar a atención cidadá e a xestión destes operativos na área territorial de Pontevedra.

Estas concesión enmárcanse na orde de axudas impulsada pola Vicepresidencia Primera para mellorar os equipamentos de emerxencias das entidades de Protección Civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios e, froito da mesma, outorgáronse distintos materiais ou vehículos a unha quincena de entidades das bisbarras de Pontevedra, O Salnés, Caldas, Baixo Miño e O Condado.

En total, a Xunta de Galicia investiu 932.000 € para dotar de máis equipamentos de emerxencias a 87 concellos e dúas agrupacións. s. e.