Espazo de agrocultura na Gargalleira

Agro gallego
ARCA
Horta da finca A Gargalleira, situada en Transfontao, no concello de Silleda. Foto: A Gargalleira

Silleda. O domingo 4 de xullo, as 18.00 horas, vai ter lugar a inauguración do proxecto de agrocultura na finca A Gargalleira, situada en Trasfontao, Silleda. A progamación, que definirán nos vindeiros días, comenza con poesía á carta e música tradicional. Unha recua de poetas, capitaneada por María Lado, fará escrita en directo – poemas a demanda – con recital inicial e final, e As efémeras amenizarán a tarde co seu son.

Todas as actividades que se programarán na Gargalleira serán con reserva, xa que é obrigado o control de aforo polas medidas COVID. Porén, o importe desa reserva será testemuñal e a entrada decidiraa cada asistente ao rematar o evento. arca