‘Inside’ de Quintana será a mostra central do Cocido

Exposición
ARCA
Unha das obras que forman parte da exposición. Foto: C. L.

LALÍN. Inside, proxecto expositivo de Manuel Quintana Martelo, será a exposición central da LV Feira do Cocido que se inaugurará o xoves, 9 de febreiro, ás 20.00 horas no museo municipal Ramón Mª Aller. Unha mostra de carácter persoal, promovida polo Concello de Lalín e comisariada polo crítico de arte, Ramón Rozas. Trátase dun relato íntimo e interior que reúne unha escolma de 34 obras realizadas desde o ano 2009 ata o 2023, que miran cara aquilo que serve de forma e modo para xustificar a actitude (acción) de pintar. arca