Lalín abre trámites para contratar as melloras da praza de abastos

As empresas teñen dez días para presentar ofertas e o custo roza os 70.000 euros
Prazas de abastos
ARCA
Praza de abastos de Lalín

Lalín. O Concello de Lalín vén de aprobar o inicio do expediente de contratación do proxecto de Mellora da envolvente térmica da cuberta e accesibilidade na Praza de Abastos por importe de 69.420,92 euros, que se executa ao abeiro dunha subvención de Agader do 80 %. As empresas poderán presentar desde hoxe e durante 10 días hábiles as súas ofertas.

A concelleira de Comercio, Karen Fernández, explica que as actuacións que se levarán a cabo centraranse na mellora da envolvente térmica do edificio e na creación dun aseo accesible na planta baixa. Unhas melloras que posibilitarán, segundo a concelleira, consolidar a praza como punto destacado de dinamización económica e social e como peza clave do comercio de proximidade. Os primeiros traballos serán a demolición do fibrocemento das cubertas perimetrais e a desmontaxe dos elementos de evacuación de PVC. Ademais prepararanse as zonas de encontro entre cubertas e muros e as canles de evacuación para eliminar na súa totalidade os materias adheridos para a súa posterior impermeabilización. arca