da Memoria Lingüística

Lingua
ARCA
Cementerio de la Romea, en Lalín

lALÍN. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este sábado no acto que, con motivo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, acolleu o cemiterio da Romea, en Lalín. Organizada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e diferentes concellos galegos co apoio da Xunta, a iniciativa En galego, agora e sempre na que se encadra dito acto ten como obxectivo recoñecer a importancia da memoria lingüística de Galicia nos camposantos galegos coincidindo coas datas nas que estes son visitados masivamente con motivo das celebracións de Todos os Santos e de Defuntos. Xunto con Valentín García interviñeron na dita conmemoración o alcalde de Lalín, José Crespo, e o presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, Xosé González. arca