Lalín premiou os balcóns decorados en Nadal

Concursos
ARCA

Lalín. Yolanda Fernández, da rúa Monte Faro, cunha proposta de catro balcóns engalanados, presididos por un Papá Noel cunha chea de regalos; Silvia Gómez, da avenida Luis González Taboada, cunha iniciativa na que destaca a iluminación e a uso de materiais reciclados; e Emilia Fernández, da rúa Principal, que presentou unha balconada dun edificio decorada con personaxes celebrando a Noiteboa e Fin de Ano, resultaron gañadoras dos premios do I Concurso Navideño de Balcóns e Xanelas de Lalín que repartiu 3.000 euros. arca