Lalín recoñecerá cunha distinción o labor da 5ª Compañía da Garda Civil

Distinción
ARCA
Lalín quere distinguir aos gardaciviles

lalín. O goberno de Lalín, a través da alcaldía, presentou unha proposta para outorgar distinción á 5ª Compañía da Garda Civil en recoñecemento ós servizos prestados para garantir a seguridade da veciñanza. Na proposta argumentan que as distintas unidades da 5ª Compañía da Garda Civil de Lalín (Unidades de Seguridade Cidadá: Posto Principal de Lalín, Postos de Silleda, Cruces, Rodeiro, A Estrada, Forcarei, Cerdedo e Patrulla Rural de Compañía; Especialidades: Equipo Territorial Policía Xudicial, 2 Destacamentos Seprona e 2 Intervención de Armas e Explosivos) baixo o mando do capitán, Antonio Álvarez Lorenzo, veñen desenvolvendo un intenso e exemplar labor en favor da seguridade da veciñanza, coa participación en máis de 50 operacións contra grupos criminais en Lalín, Deza e Tabeirós, nos últimos 6 anos. arca