Lalín recreou esta fin de semana o proceso da malla tradicional local

Tradición
Claudina Estévez
Varias persoas recreando as modalidades históricas da malla. Foto: Casa do Patrón

LALÍN. Esta fin de semana celebrouse no Museo Casa do Patrón de Lalín a XXII edición da Malla Tradicional lalinense, unha das meirandes de Galicia, tanto en númerode participantes, como en asistencia de público. Por segundo ano consecutivo, por motivos de seguridade, foi retransmitida íntegramente en directo, vía streaming a través de Facebook. Participaron 56 persoas (veciños de Doade, amigos do Museo, Grupo de Gaitas Os Trasnos e Os Acordeóns de Lalín), que recrearon as modalidades históricas da malla á pedra, con manles, con malladoira manuel, máquinas, motores e aventadores, e finalmente con tractor. Houbo tamén unha ampla exhibición de máquinas e motores. Completouse a mostra cunha exposición de dez cadros, referentes á malla e ao proceso artesanal do pan. Actuaron Os Trasnos e Acordeóns de Lalín. C.E.