Lalín reflexionará sobre a igualdade e a violencia con Yara Juncal

Violencia de xénero
ARCA
Yara Juncal, danza urbana no programa Violencia Zero

Lalín. Lalín acollerá o próximo martes, 25 de maio, o programa Mulleres en Acción: Violencia Zero 2020-2021, promovido pola Deputación de Pontevedra, asistirá a deputada de Cultura, en colaboración co Concello de Lalín, no marco da programación cultural de maio. Trátase dunha actuación da coreógrafa e bailarina de danzas urbanas, Yara Juncal, que terá lugar ás 12.00 horas na Praza da Igrexa ou no Salón Teatro se chove.

Mulleres en Acción: Violencia Zero é un programa de acción artística contemporánea para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia de xénero no noso país. Trátase dunha proposta de sensibilización para fomentar na cidadanía unha actitude crítica, ao tempo que se promove a visibilidade e o empoderamento das distintas artistas. En concreto, reflexionan sobre que nestes tempos complexos, dunha incerteza e tamén unha crise sen precedentes, a igualdade volve estar en serio risco de retroceder. A situación epidemiolóxica que vivimos está a levar a muller a unha posición de vulnerabilidade laboral e social que podemostardar moito en recuperar. arca