Lalín Sabe: nova campaña turística que lanzarán nas redes e no casco urbano

Campaña
ARCA
Un dos soportes que se colocará no casco urbano

LALÍN. Lalín lanzará en redes e en distintos puntos estratéxicos do municipio a nova campaña de turismo Lalín Sabe, que foi presentada pola concelleira de Cultura e Turismo Begoña Blanco xunto á directora de contas da empresa Wecom, encargada de desenvolver o plan turístico, Marga Pazos. Unha nova estratexia que se poderá ollar en soportes fixos; en distintas ubicacións do casco urbano como a zona da Corredoira, Agruchave, rotonda de Willy, en parques como o da estación de autobuses e o de Loriga, prazas de Abastos e das Pipas, e mesmo na proximidade do estadio Manuel Anxo Cortizo. A maiores, segundo explicou a concelleira, a campaña lanzarase a través das redes e con insercións publicitarias en medios. Unha novidosa campaña que “ten un enfoque atemporal e con posibilidade de ampliala” comentou Blanco. arca