Ler conta moito pecha en Silleda con ‘Vivan as uñas de cores!’

A función, a cargo
da compañía Encanto, trata a igualdade e
o acoso escolar
Hábitos de lectura
ARCA
Cartaz do espectáculo ‘Vivan as uñas de cores!’

Silleda. O programa Ler Conta Moito volta hoxe venres, día 22, á biblioteca pública municipal Daniel Castelao de Silleda cunha función baseada no exitoso libro Vivan as uñas de cores!.

A sesión, a cargo da compañía Encanto trata da igualdade de xénero, da discriminación e do acoso escolar, da amistade, do amor e apoio incondicional dos pais aos fillos. “Juan pinta as uñas porque lle gusta moito... porque pintar as uñas é cousa de todos”. A sesión está baseada no libro homónimo escrito por Luis Amavisca, Alicia Costa e con ilustracións de Gusti.

A cita, para o público infantil, será as 17.30 horas. Con esta sesión péchase a programación deste ano de Ler Conta Moito en Silleda, sendo a terceira das tres funcións. Esta última aposta servirá tamén para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o vindeiro domingo 24.

PLÁSTICOS. Por outra banda, a recollida de plásticos agrícolas e de invernadoiros comezou a realizarse no municipio de Silleda, nunha segunda fase anual na que se recibiron un total de 107 avisos. Na primeira fase, que se levou a cabo no pasado mes de maio retiráronse preto de 45.000 kilos.

Os avisos corresponden a vinte e sete parroquias, incluíndo solicitudes de usuarios que nunca antes participaran. Destacan con máis de explotacións as parroquias de Parada, Oleiros, Laro, Cortegada, Graba, Escuadro, Moalde, Lamela e Cervaña, con máis de cinco solicitudes en cada unha delas. arca