Manuel Blanco reflexiona en ‘Confinados’ sobre a soidade na pandemia

Libros
S. E.
Valentín García e Manuel Blanco no centro da imaxe tras a presentación . Foto: X. G.

lalín. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte na presentación do libro Confinados, de Manuel Blanco Villar, unha publicación que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. No acto, celebrado no Museo Etnográfico Casa do Patrón, García sinalou que “fiel ás súas conviccións, Blanco reivindica neste volume testemuñal a idoneidade do rural galego para vivir, mesmo en tempos tan difíciles coma os da pandemia, ou quizais máis ca nunca nestes tempos”. Confinados é un diario das xornadas que o autor pasou na aldea lalinense de Codeseda entre o 14 de marzo de 2020, data en que foi declarado o estado de alarma por mor da covid-19, e o 14 de maio, data da reapertura do Museo do que é presidente. Blanco reflexiona sobre a dureza da soidade que as persoas sufriron no confinamento. s. e