O conservatorio de Lalín reabriu as súas portas

Música
ARCA

lalín. O Conservatorio Profesional de Música de Lalín (CMUS) reabriu este luns as súas portas no seu horario habitual (de 16.00 a 21.00 horas), en base ao acordo adoptado pola Comisión Municipal da COVID tras analizar as decisións do Comité Clínico. O citado comité acordou o restablecemento da actividade lectiva presencial dende o día 22 de febreiro nos centros educativos de réxime especial, entre os que se atopan os conservatorios, e a comisión municipal decidiu unanimemente abrir o CMUS nesa data. Polo momento seguen paralizadas as actividades culturais e as clases presenciais nas escolas de música da capital dezana, segundo confirmaron no Concello. arca