O desván municipal de Lalín retoma a recollida

Política social
S. E.
Desván municipal de Lalín

LALÍN. O desván municipal de Lalín retoma a súa actividade o xoves, 4 de marzo, tras o parón provocado polas restricións sanitarias, realizando entregas a familias que estean a precisar roupa ou enseres domésticos, previamente solicitados en Servizos Sociais, así como tamén recibindo doazóns no horario habitual dos xoves, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Este servizo municipal está atendido por oito persoas voluntarias que veñen prestando de xeito ininterrompido a súa actividade incluso durante a pandemia. Cubrir as necesidades básicas de vestido e calzado así como de enseres domésticos de persoas individuais ou unidades familiares que se atopen en situación de risco/exclusión social ou en casos de precariedade económica, que impiden facer fronte a estes gastos de primeira necesidade, e o obxectivo deste programa do Concello de Lalín, que abriu a súa sede no ano 2016 na capital dezana. s. e.