O PP critica o estado da rúa Moa de Silleda e reclama a súa limpeza

Mantemento
ARCA
Estado no que se atopa a rúa Moa na localidade pontevedresa de Silleda. Foto: PP

silleda. O PP de Silleda solicitou a limpeza das beirarrúas da rúa da Moa, xa que se atopan ateigadas de landras, follas e ourizos, o que supón un grave perigo para os veciños que a diario pasan por esta zona. Dende as filas populares urxiron o goberno local a acometer a limpeza destas beirarrúas xa que é unha das zonas máis utilizadas polos veciños tanto para pasear, como para achegarse ao cemiterio parroquial. Segndo sinalou o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, “tódolos días vemos como moitos veciños, sobre todo os máis maiores pasean por estas beirarrúas, e o risco de esbaramento é altísimo sobre todo pola cantidade de landras que se acumulan nalgunha zona, polo que e imprescindible que os servizos de limpeza pasen regularmente por esta contorna para mantela nun estado axeitado de conservación e limpeza”. arca