O PP silledense di que confírmase a anulación da bonificación do IBI

Sentencia
ARCA
Ignacio Maril

Silleda. O PP de Silleda informou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de declarar a firmeza da sentenza pola que anula a bonificación do IBI feita polo goberno local ante os graves incumplimentos por parte do Concello na súa tramitación.

Segundo o PP, o TSXG determina na propia sentenza que o Concello cometeu unha ilegalidade de forma voluntaria, e consciente, actuando de mala fe aínda que con elo se lle causase un prexuízo ós veciños de Silleda.

“Esta sentenza supón un duro golpe non só para o alcalde, Manuel Cuíña, senón tamén para os concelleiros que apoiaron no seu momento de xeito deliberado esta modificación a pesar de que ata os informes do propio interventor alertaban da súa ilegalidade”, di o voceiro popular, Ignacio Maril. Para Maril, “estamos ante uns feitos dunha gravidade sen precedentes no noso Concello, e vén a constatar o absoluto desprecio por parte do alcalde e o seu grupo ás leis”. arca