O voluntariado do Xacobeando de Lalín fai un treito da Vía da Prata

Ruta Xacobea
ARCA
O grupo percorrendo a Vía da Prata FOTO/Concello de Lalín

LALÍN. Os seis voluntarios do programa Xacobeando, catro mozas e dous mozos, de Lituana, Grecia, Estonia, Eslovaquia, Portugal e Madrid que ata o 31 de agosto residen en Lalín, realizaron este xoves, acompañados do edil de Xuventude, Avelino Souto, un treito da Vía da Prata desde Botos ata o albergue da Laxe en Bendoiro. No seu percorrido foron vendo os distintos elementos que conforman o patrimonio como igrexas ou lavadoiros, chamándolle a atención a distribución territorial en parroquias. O grupo realizará labores de potenciación e posta en valor da Vía da Prata, como a recollida de lixo ou a atención aos visitantes. arca