Os Xenerais percorrerán Lamela, Abades, Silleda e A Bandeira no Entroido

Entroido
S.E.
Participantes na presentacion do programa. Foto: C. S.

silleda. A celebración do Entroido volta ao municipio de Silleda nas vindeiras semanas con novas propostas e o xa tradicional entroido da Ulla con tropas que se siguen mantendo nas

localidades da Bandeira e Lamela, unha celebración declarada de Interese Turístico. Membros dos distintos colectivos organizadores presentaron xunto co alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura, Mónica González, a ampla programación deste ano no municipio. A programación contará con distintas celebracións nas que que non faltarán actividades musicais, gastronómicas, sesións infantís. A primeira das citas será o sábado 11 en Lamela, onde a asociación Anxela organiza o Alto dos Xenerais no campo da festa ás 17.30 horas. Unha hora antes partirá o desfile dende Barravaite con premios aos mellores disfraces. Pola noite celebrarse unha cea de entroido (15 euros para adultos e 10 para menores de 12 anos) e a verbena estará amenizada por Pachi e DJ Houses. Tamén na mesma xornada a parroquia de Abades, da man da Asociación Veciñal A Costa celebra un xantar de entroido ás 14.00 horas Na fin de semana grande do Entroido, A Bandeira e Silleda concentrarán as actividades da programación do Entroido. S.E.