Piden que peatonalicen as rúas Loriga e Principal

Peatonalización
ARCA
Unha das rúas céntricas de Lalín peatonalizada

Lalín. Os socialistas de Lalín demandan ao Concello que se inicie xa a peatonalización, como mínimo durante as fins de semana, das rúas Principal e Loriga, co obxecto de incrementar o espazo para a xente e dinamizar a zona coa chegada do período estival, ao tempo que lembran a volta do mercado dos sábados.

O PSOE non entende a obsesión do goberno local por manter as rúas máis céntricas con prioridade para os coches por enriba das persoas e lembra que contar con espazos urbanos seguros de lecer e paseo ao aire libre é un camiño irrenunciable no marco dun novo modelo de mobilidade que Lalín tamén deberá seguir e, ademais, é fundamental no proceso de desescalada e volta á normalidade pola COVID. arca