Política Social incrementa a Axuda no Fogar en dous concellos do Deza

Piñeiro avanzou onte que Silleda e Agolada disporán de 9.612 horas máis cada ano
Servizo de Axuda no Fogar
S. E.
Reunión telemática sobre o SAF

Deza. A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros. Ao abeiro desta medida, os concellos dezás de Silleda e Agolada van dispoñer de 9.612 horas máis cada exercicio para esta prestación.

Silleda vai ser un dos grandes beneficiarios da alza do orzamento do SAF para dependentes de toda Galicia no presente exercicio –que chegará ata os 83,6 millóns de euros–, xa que vai recibir un dos maiores incrementos desta prestación en toda a provincia, ao contar con 6.828 horas máis, un ascenso do 15,9 %. Deste xeito, o municipio trasdezá pasará das 42.900 horas de teleasistencia para dependentes da actualidade a alcanzar as 49.728.

Pola súa banda, o Concello de Agolada está a prestar na actualidade 26.880 horas deste servizo financiado pola Xunta e vai ver reforzada esta atención con 2.784 horas máis concedidas. Deste xeito, e grazas a esta alza do 10,3 %, poderá alcanzar as 29.664 horas por exercicio.

Indicar que a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, informou desta concesión nunha reunión telemática celebrada esta mañá coas responsables e traballadoras de Servizos Sociais de ambos municipios. Neste contacto explicoulles que o incremento do SAF determinouse de oficio por parte dos servizos técnicos. s. e.