Presentada a cuarta revista ‘Nós, xente do redor’ no Museo Casa do Patrón

Revista
S. E.
Manuel Blanco durante a súa intervención no acto. Foto: C. P.

lalín. O Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Lalín, acolleu a presentación da cuarta revista multicultural Nós, xente do redor. Foi nun acto no que interviron Avelino Jácome Iglesias, director da publicación, Miguel Ángel Martínez Coello, editor, autor e colaborador da mesma, e Manuel Blanco Villar, xerente da Casa do Patrón tamén autor de artigos desta obra, coa asistencia da práctica totalidade dos autores, que se achega ás 40 persoas e colaboradores habituais (poetas, escritores, pintores, músicos...) espallados por toda Galicia. Trátase dunha revista multicultural, polifacética e entretida, na que se tratan temas moi diversos sobre temas históricos e de actualidade da nosa terra, cunha constante progresión dende o seu nacemento o pasado ano, en plena pandemia, atopándose en plena fase de expansión, á que lle auguramos un brillante futuro. No encontro, moi variado e participativo, se entregaron un exemplar da revista así como unha lámina da súa portada e todos os autores e colaboradores presentes tiveron a ocasión de aportar publicamente os seus diferentes puntos de vista. Posteriormente, os presentes degustaron un cocido de Lalín no restaurante Casa do Patrón e xiraron unha visita ao Museo e á aldea de Codeseda. s. e.