Recepción en Escaldes aos vinte mozos de Lalín

Intercambio
ARCA
Cativos e autoridades de Lalin e Escaldes posaron xuntos. Foto: Concello de Lalín

LALÍN. A tenente alcalde Paz Pérez e o concelleiro de Xuventude e Deportes Avelino Souto de Lalín viaxaron cunha vintena de cativos lalinenses a Andorra, froito dos lazos de irmandade que existe entre o Concello de Lalín e a parroquia de Escaldes-Engordany. Pérez, destaca que sempre que se acode “a este lugar somos moi ben recibidos, ademais, hoxe, fíxose por parte da Corporación unha recepción formal na que se lles deu a benvida aos xuvenís lalinenses e na que se os convidou a coñecer na medida do posible os atractivos de Escaldes”. Alí gozaron de actividades de neve como esquí durante os tres días de estancia no municipio. “Deste xeito os cativos tiveron a oportunidae de aprender un deporte que pola zona na que residen non teñen opción de desenvolver, practicando estas actividades no Funicamp, onde contaron con instrutores especializados que os guiarán neste complicado e precioso deporte”, comentou o edil Avelino Souto. arca