de Silleda

compostaxe
ARCA
Imaxe dun composteiro

Silleda. O Concello de Silleda, a través do programa Compóstate ben, procedeu este venres día 23 á entrega de composteiros aos veciños e veciñas solicitantes. A entrega foi precedida de pequenas sesións informativas, nas que as persoas usuarias recibiron indicacións e recomendacións sobre o uso axeitado dos composteiros. A cita foi en horario de tarde nos centros socias de Silleda, Bandeira e Lamela, onde se procedeu ao reparto ás persoas solicitantes.

Nesta fase do programa solicitáronse 101 composteiros, dos que a maioría (94) se repartirán na xornada do venres, quedando os restantes para a última semana deste mes, previsiblemente, explican desde o Concello.

Estes dispositivos, totalmente de balde, teñen como obxectivo xestionar os restos de comida xerados no fogar o convertelos en compost. Esta medida permitirá que, nos fogares que os soliciten, se mellore a xestións dos residuos orgánicos, xa que poderán reciclar os restos de comida e restos vexetais de poda e de horta, todo elo sen que salgan da casa, aportando así numerosos beneficios dende o punto de vista ambiental, social e económico. Ademáis, os participantes obterán un fertilizante natural de excelente calidade. arca