Silleda amplía o programa de integración cultural

Integración
ARCA
Asistentes do grupo de adultos as clases da casa da cultura

Silleda. O Concello de Silleda, a través de Educación e Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, vén de ampliar as persoas destinatarias nas clases de lingua no marco do programa Anduriña, de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante. Así, ademais de persoas adultas, as clases se ofertan tamén para pequenos.

As sesións comezaron onte na casa da cultura co grupo de adultos. Para eles se incorpora como novidade as sesións de tarde, para facilitar a conciliación co horario laboral. As sesións de lingua e cultura españolas serán os lun s( 09.30 a 11.00 e de 20.00 a 21.30 h.), e as aulas de galego os luns (11.30-13.00) e mércores (20.00-21.30). As aulas infantís de galego, os venres de 19.00 a 20.00. arca