Silleda detecta dez fontes de auga non apta para o consumo

Foron detectadas nas últimas 28 analíticas feitas // Algunhas teñen indicadores de non potabilidad leve
Abastecemento de auga
S. E.

O Concello de Silleda, a través do departamento muncipal de Augas, vén de iniciar a sinalización das fontes públicas (como de auga potábel ou non potábel) así como informando das

últimas analíticas realizadas. Das últimas 28 realizadas nas últimas semanas, hai dez casos nos que a auga non é apta para o consumo, se ben nalgún caso se repetirán as analíticas.

As dez fontes con auga non potábel son: Fonte de Merín, en Fiestras; Bazar en Abades; A fonte de arriba-Sachocos, Negreiros; O Barral, en Bazar; Campo de Vilar, en Cira; Fonte do Lavadoiro de Dornelas; Camo da festa de Lamela; Fonte das Rosquilleiras de Abades, en Graba (xunto á taberna).

Segundo explican desde o Concello, tamén se analizou por petición veciñal, aínda que non se usa para consumo humano a fonte do Picho de Bazar, que tampouco deu como apta. Algúnhas delas teñen indicadores de non potabilidade leves.

Do mesmo xeito tamén se está a actualizar o rexistro de fontes existentes en todo o termo municipal, onde ese contabilizan preto dun centenar de mananciais canalizados. Así mesmo, xunto co indicativo das características das fontes se están a colocar os datos das últimas analíticas realizadas aos caudais.

“Con esta iniciativa tratamos de velar polo correcto funcionamento das fontes, para que o consumo de auga nestes mananciais públicos non implique risco para a saúde”, sinala o alcalde Manuel Cuíña, que destaca que os paneis que se colocarán incluén datos detallados cos motivos polos que a auga non se pode consumir, “para ofrecer cumprida información á

cidadanía”, engadiu..